O gran capitán de Maniños

O gran capitán de Maniños
10 de Outubro, 2020 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Di o refrán que "casa grande, capela, pombal e ciprés, ... pazo é". O Pazo da Ribeira de Maniños construido a comezos do século dezasete polo capitán Alonso de Orozco, veterano de denominada "Armada Invencible" contaba con capela, pombal e ciprés. Estivera destinado na cidade vella da Coruña e posiblemente participou na defensa da cidade contra Drake. Quedara manco na batalla das Gravelinas e tivo catro fillas. Recoñeceunas a todas pero permaneceu solteiro xa a que era a recomendación vixente para os militares na época.

Capela da ribeira de Maniños (Fene)

A capela dos Desposorios da Nosa Señora de Maniños era moi querida pola cidadanía da ribeira desta parroquia. Alí casaban e celebraban as primeiras comunións. Logo caiu en certo abandono pero antes foi utilizada tamén como escola. Tirouse a capela na década dos anos sesenta do século vinte. Estaba adicada a "Os Desposorios da Nosa Señora" Foi edificada e custeada por María Ventura de Orozco e Lozano e o seu marido, Melchor Bermúdez Sanjurjo que contraeron matrimonio en Maniños o 6 de agosto de 1693. Consérvase unha labra heráldica dos Bermúdez que estaba situada na fachada da edificación relixiosa e que na actualidade se garda nunha vivenda da zona. A casa grande ou pazo da Ribeira de Maniños, tamén é coñecida como pazo dos Montenegro ou dos Bermudez. Aínda hoxe evócanos un pasado fidalgo, a lembranza do capitán Alonso de Orozco, que perdeu un brazo na batalla das Gravelinas, no episodio coñecido como a Armada Invencible. Alonso de Orozco curtido en mil batallas e que viviu en Maniños máis de 30 anos, edificou o pazo a comezos do século XVII.

Cultura

Publica o teu comentario agora