O gran negocio do sexo

Amelia Tiganus fala de pornografía e explotación sexual hoxe na Casa da Cultura de Fene
09 de Xaneiro, 2020 - 09:41 h. | Publicada por Radio Fene

A activista e feminista, Amelia Tiganus, está hoxe en Fene, convidada pola Concellería de Igualdade, para ofrecer a conferencia “Prostitución e pornografía: violencia sexual comercial”. Será a partir das 18,30 horas no salón de actos da Casa da Cultura, con entrada libre. Tamén ofrece talleres nos centros escolares feneses. Entre o xoves e o venres estará en A Xunqueira, Jorge Juan e IES de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

A Organización Internacional do Traballo (OIT) cifra en 4,5 millóns as vítimas de explotación sexual forzosa en todo o mundo, sendo nove de cada dez mulleres e nenas. Crése en realidade que son moitas máis, pero é difícil cuantificar a dimensión dun negocio ilegal e clandestino como é a trata, que inclúe varias modalidades e afecta practicamente a todas as nacións do mundo, xa sexa como país de orixe, tránsito ou destino das víctimas. Falamos deste tema coa feminista Amelia Tiganus, quen despois de ser explotada sexualmente durante cinco anos, saíu dese círculo e sobrepúxose a esa tremenda experiencia.

Esta mañá en Radio Fene falamos da súa nova vida e das decisións que adoptou para loitar contra a esclavitude sexual. Dedícase en corpo e alma a falar de “Prostitución e pornografía: violencia sexual comercial” alí onde a chaman, para demostrar que estamos diante dun negocio de tanto volume e importancia como o das armas ou o das drogas, so que aquí a mercadoría son seres humanos, maiormente mulleres e nenas. En España, afirma Tiganus, móvense cinco millóns de euros ao dia.

A xente nova, mesmo menores de idade, está a protagonizar tamén a violencia sexual contra as mulleres. As "manadas" propáganse por todas partes. Preguntamos a Amelia a qué se debe, e non duda en afirmar que ao acceso libre, e cada vez máis temperá, á pornografía a través de internet.

A trata de seres humanos implica recrutamento, transporte, traslado, acollida ou recepción dunha persoa a través do uso da forza, o engano ou outros medios co fin de explotala. A trata é unha forma moderna de escravitude e cada vez que se comete este delito viólanse todos os dereitos da persoa, corrompendo non só a súa liberdade e dignidade, senón tamén a súa integridade física e emocional.

 

A activista e feminista, Amelia Tiganus, está hoxe en Fene, convidada pola Concellería de Igualdade, para ofrecer a conferencia “Prostitución e pornografía: violencia sexual comercial”. Será a partir das seis e media da tarde no salón de actos da Casa da Cultura, con entrada libre. Tiganus acude tamén aos centros de secundaria e bacharelato, hoxe está en A Xunqueira e Jorge Juan, e mañá venres acude ao IES de Fene. Imparte obradoiros ao alumnado sobre pornografía e sexualidade, aspectos que contribúen ao repunte da violencia sexual contra as mulleres, mesmo entre a poboación adolescente.

Sociedade

Publica o teu comentario agora