O grelo de Xestoso pasa apuros polo mal tempo

O grelo de Xestoso pasa apuros polo mal tempo

28 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Arredor de mil racións de cocido serviránse na Feira do Grelo de Xestoso (Monfero) que se celebrará o domingo vintetres de febreiro. Os organizadores agardan que o tempo acompañe para que se poida recuperar a colleita de grelos. O humorista Xacobo Pérez exercerá como pregoeiro.

De momento hai menor cantidade de produto de outros anos, xa que as xeadas cando se recollían as primeiras berzas fixo apodrecer a moitas delas. Unha carpa climatizada no campo do Canedo permitirá gozar do xantar popular.

Sociedade