O grupo socialista de Lugo anuncia accións para que “non prospere o ERE de Pascual en Outeiro de Rei”

O grupo socialista de Lugo anuncia accións para que “non prospere o ERE de Pascual en Outeiro de Rei”

22 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O grupo lucense do PSdeG, personificado nas figuras do senador e secretario provincial Luis Ángel Lago Lage, da deputada en Santiago, Sonia Verdes, e do parlamentario José Tomé Roca, reuniuse onte co Comité de Empresa de Leche Pascual, representado polo seu presidente, Pedro Neira, para avaliar o estado do ERE. Despois da xuntanza, o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, Luis Ángel Lago Lage, ratificou o apoio do seu partido aos traballadores d

Para o senador, a situación da planta de Outeiro de Rei é “unha venda encuberta da factoría camuflada baixo un ERE”. Lago Lage denunciou a situación dos gandeiros afectados de Leche Pascual e anunciou o apoio do seu partido para que “legalmente non prospere o Expediente, sexa a través da Xunta de Galicia, ou, no seu caso, a través do Ministerio”.

 

O grupo socialista valorou as posibles consecuencias do peche da fábrica e considerou que a situación sería grave para toda a Terra Chá polas repercusións que carrearía, xa que serían “preto duns 200 os postos afectados directamente, pero que suman ao redor duns 1000 empregos a totalidade dos relacionados indirectamente con esta planta leiteira”.

O secretario provincial explicou que fixaron reunións para a vindeira semana con representantes socialistas de todos os municipios afectados por este expediente, para que desde os concellos poidan apoiar as mobilizacións e as propostas do comité de empresa de Leche Pascual.

Lago Lage criticou ao actual goberno autonómico na xestión desta problemática polo seu “inmobilismo e incompetencia” e preguntouse “para qué sirve un conselleiro de traballo e para qué sirve un conselleiro de medio rural. Se nada se pode facer que pechen as consellerías e que deixen traballar a outros que si queren solucionar este problema”.

Pola súa parte, o portavoz de Emprego do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Tomé Roca, reclamou á Xunta “que deixe de axudar ás empresas axilizando os EREs e defenda aos traballadores ampliando a cobertura salarial por Expedientes de Regulación de Emprego”. Tomé lamentou que o organismo autonómico “defende claramente os intereses dos empresarios e esquece aos traballadores” ao levantar a veda dos EREs en Galicia.

Tomé tamén indicou que o goberno de Feijóo “pasou dun control rigoroso a outra situación máis permisiva para as empresas” ao anunciar que facilitarían a tramitación dos EREs. Como consecuencia, sinalou, os expedientes aumentaron de xeito considerable dende o pasado 1 de marzo, chegando a ser presentados un total de 28 –coa afectación de 848 traballadores- só na última semana e máis de 50 nos últimos quince días.

Tomé Roca lamentou o rexeitamento da Xunta de Galicia no Parlamento de Galicia a unha iniciativa socialista que reclamaba incrementar a cobertura salarial aos EREs dende o 70 ao 90 por cento, que cunha partida “perfectamente asumible” de 2,2 millóns de euros permitiría que cada un destes traballadores tivera 300 euros máis.

Por outra banda, os presentes lembraron que o executivo conta con “tódalas competencias” para intervir no proceso e por contar opta por unha “política escapista” ao “deixar que as cousas se arranxen soas en lugar de poñerse o fronte e liderar o proceso como unha administración responsable”.

Sociedade