O homicidio dunha muller en Cabanas podería esclarecerse en breve

O homicidio dunha muller en Cabanas podería esclarecerse en breve

06 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A morte dunha muller en Cabanas no pasado mes de novembro podería esclarecerse nos vindeiros dias, cando concluia a analise das probas atopadas pola Garda Civil. Continua en prisión preventiva o único acusado, José Zapatero, antiga parella da victima e pai da súa filla menor. El nega ser o autor do crime.

Un pesqueiro na ría de Ares atopou o pasado 12 de xaneiro o corpo de Maria Teresa Comesaña Troncoso, de 43 anos, desaparecida en Cabanas en novembro do 2007. As probas realizadas no corpo da muller demostraron que recibiu dez puñaladas antes de ser botada ao mar. A Garda Civil incautouse no domicilio de José Zapatero dun coitelo que agora se analisa para ver se o seu fio coincide coas marcas atopadas no corpo da victima. A muller desapareceu o 8 de novembro, e naquel momento residia xa en Nigrán (Pontevedra) despois de separarse do seu home. José Zapatero Fonte é natural de Cambrils en Tarragona. Traballaba na empresa Einsa das Pontes e residia no Salto (Cabanas).

 

Sociedade