O Hortensia na radio

Hai 35 anos do paso do Hortensia pola comarca de Ferrol.
04 de Outubro, 2019 - 02:09 h. | Publicada por Radio Fene

Radio Fene e o ciclón Hortensia están intimamente unidos porque a radio municipal naceu unha semana antes do paso do Hortensia pola comarca, tal dia como hoxe, 4 de outubro de 1984. Hai 35 anos.

ESCOITA O PODCAST:

O azar quixo que ciclón e emisora quedasen unidos para sempre. Quéredes saber por qué? Porque aquela tarde-noite foise a luz en toda a comarca. O concello de Fene foi previsor e contratou un xenerador para que a radio municipal poidese funcionar por se había emerxencias. Así que Radio Fene convertiuse no nexo de unión do concello coa xente. Daquel programa especial quedan testemuñas no arquivo sonoro de Radio Fene. Así que collemos ao exalcalde, Xosé María Rivera Arnoso, para que nos guiase por aquela data tan especial.

Sociedade

Publica o teu comentario agora