O humor de Cunqueiro

O humor de Cunqueiro
16 de Maio, 2019 - 08:43 h. | Publicada por Radio Lugo

O profundo humor na obra de Álvaro Cunqueiro é claramente percibido pola persoa visitante da Casa que en homenaxe ao autor de Merlín e familia se abre fronte á catedral de Mondoñedo. El mesmo caracteriza á súa obra indicando que para mín, dado como son á imaxinación e a poñer significados nos máis triviais obxectos e palabras (tal un nebuloso Ulises que nos rueiros do seu camiño suscita o diálogo da propia mente coas memorias soterradas dun gastado corazón) (1)

Casa Álvaro Cunqueiro. Mondoñedo

Como proba do seu humor, recollemos unha anécdota relatada por el mesmo e acaecida nun percorrido polo camiño de Santiago ao chegar a Portomarína:

"Non, non hai xamón. Abaixo no vello Portomarín tampouco puidemos tomar unhas onzas de presunto. Nunha taberna, unha muller xove, rubia, os ollos moi azuis, nos dicía:

Se estivese o meu home por aí e viñera a descolgalo! ¡Porque eu non me subo!

Quedámonos sen xamón e sen saber a onde se tiña que subir a rubia" (2)

 

 

(1) Paxina 170. CUNQUEIRO, ALVARO. El pasajero en Galicia.Editorial Tusquets

(2) Paxina 108. Ibidem

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora