O humor galego solidario con Tanzania

O humor galego solidario con Tanzania

20 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os humoristas galegos volven a unirse por segundo ano consecutivo na Gala Solidaria de Cómicos Galegos nunha noite única. O acto, presentado por Belén Regueira, terá lugar o sábado 5 de febreiro, ás 19.30 horas, no Palacio da Ópera de A Coruña. Un escenario que acollerá a artistas como David Amor, Isabel Risco, Danny Boy-Rivera, Gari, Marta Lado, Oswaldo Digón ou Rober Bodegas.Organiza Intermón Oxfam.

A alegría e a solidariedade impulsan así os proxectos cos que Intermón Oxfam loita para darlles ás familias campesinas de Tanzania unha seguridade alimentaria e libralas da fame. Incluso Robin Hood estará presente nesta iniciativa para pedir o compromiso dos asistentes coa campaña de Intermón Oxfam “Que non paguen os de sempre”.

As entradas teñen un prezo de 10 euros e pódense adquirir por medio de www.servinova.es., chamando ao número 902 504 500, no despacho de billetes da Praza de Ourense ou ben, o mesmo día da Gala, nas taquillas do Palacio da Ópera.

Sociedade