O humor intelixente reivindica a diferencia

O humor intelixente reivindica a diferencia

06 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"A historia que vos queremos contar aconteceu nun deses lugares moi pequenos,...". Comeza dese xeito Bicharada, o espectáculo de Berrobambán que relata con humor intelixente a reivindicación da diferencia. Un escaravello, unha formiga e unha araña xogan nun decorado moi plástico, cunha linguaxe dramática contemporánea, e unha escenografia e iluminación moi traballadas. Evaristo Calvo dirixiu a obra, interpreta

As persoaxes son animais humanizados que utilizan algunhas técnicas do clown para atraer a atención do público e divertilo. Cos xestos e coa mímica apoiados por unha coidada voz en off como banda sonora, marcan o ritmo do espectáculo. Din os expertos que o bon teatro é aquel no que todos os elementos que configuran a representación, funcionan harmonicamente no sentido desexado. A pedagoxia, a moralexa de "Bicharada" logra transmitir a súa reflexión en torno ao diferente, sen dramas e con máis risas que prantos.

Cultura