O humor plurilingüe de De Vacas

De Vacas pecha o Ciclo Día de Galicia en Fene esta noite
12 de Xullo, 2019 - 12:57 h. | Publicada por Radio Fene

De Vacas ofrece un espectáculo espontáneo e novidoso onde misturan voces e guitarra. Cantan en tódolos idiomas do mundo pero aman o galego por riba de todo.

ESCOITA O PODCAST:

Fene pecha o Ciclo Día de Galicia na praza do Alcalde Ramón Souto coa actuación de De Vacas. De Vacas é un grupo moi especial. Nas súas actuacións misturan a música co humor. Tivemos en Radio Fene a unha das súas integrantes, Paula Romero (na imaxe) quen nos falou das súas particulares versións. Non é a primeira vez que veñen por Fene. Xa estiveron aqui no ano 2016 actuando no Museo do Humor. Daquela o grupo estaba recén formado pero agora,

De Vacas goza de moito éxito.O seu Tour Vacanal 2019 está levando o humor galego por toda España e está funcionando moi ben, segundo Paula Romero. De Vacas subirá ao escanario da Praza do concello de Fene, ás 22.00h. Antes do concerto, a artista Laura Bouza leerá o manifesto diante do monumento ao Dia da Patria Galega, no parque do Río Cádavo, ás 20,30h.

Cultura

Publica o teu comentario agora