O idioma galego será funcional no Senado

O idioma galego será funcional no Senado

13 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os idiomas galego, catalán e éuscaro poderanse empregar con normalidade nos debates en pleno de mocións no Senado á volta das vacacións do verán. A Comisión de Regulamento da Cámara Alta acordou modificar as normas que rexen o seu funcionamento para que todas as linguas cooficiais do Estado teñan presenza no foro político de representación territorial. Os grupos nacionalistas e o PSOE sumaron 14 votos a favor da medida, á qu

O grupo conservador denuncia que o gasto en intérpretes e sistemas de tradución resultan un gasto superfluo cando hai unha lingua común no Estado. A senadora popular María Rosa Vindel foi máis aló e asegurou que en defensa do principio de publicidade, os cargos públicos deben pronunciarse na única lingua que todos os cidadán teñen o deber e dereito de coñecer: o castelán.

O voceiro do grupo Entesa Catalana de Progrés, Carlos Josep Bonet, defendeu que no artigo referido ao Senado na Constitución se fai fincapé en que é “a Cámara de representación territorial”. Explicou que defender a presenza de todas as linguas do Estado na vida pública é un acto “de españolidade”.

“España debe integrar os elementos identitarios que conviven nela”, argumentou o senador socialista José Ignacio Pérez Sáenz, cuxo grupo emendou a proposta orixinal das forzas nacionalistas para que o uso dos diversos idiomas se dea só no debate en pleno de mocións. Pérez Sáenz atacou con dureza as teses do Partido Popular e respondeulles que o peor para o Estado sería que os nacionalismos non tivesen interese en que as linguas que os definen non tivesen presenza na Cámara.

Institucional