O IES de Fene falou en verso

O IES de Fene falou en verso

27 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Máis de noventa outonos", de Ana Armenteros, e "O último segundo", de Marta Vázquez, alzáronse co 1º e 2 º premios do Concurso de Poesía organizado polo Departamento de Língua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística do IES de Fene. O xurado concedeu unha mención especial a outros dous poemas: "Eu son" e "Nun mundo de tolos", de Silv

A maioría do xurado, composto por alumnado de 2º Bachelerato- Miguel Paz e Tamara Santamariña-  dous profesores- Miguel Anxo e Xosé Luís-  e unha representante de Radio Fene, coincidiu case por unanimidade á hora de outorgar os premios. O primeiro dotóuse de material deportivo, audiovisual ou cultural por un importe de 30€ e de 15€ no segundo. E o que é mais importante, os poemas publicaránse nun libro que edita o instituto de Barallobre con motivo do Dia das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio.

Reproducimos aquí os poemas gañadores:

Primeiro premio: " Máis de noventa outonos", de Ana Armenteros - 3º ESO-

"Con máis de noventa outonos chora a vella,

semella un gran lirio a sua branca cabeza,

coma unha flor murcha abre a reixa.

Que paseniño camiña a pobre vella!

Mira sen ver as follas caídas e secas

do novo outono que agora comeza.

Sóbese no coche que de alí a alonxa,

mentres que anguria unha congoxa.

Xa non voltará aos seus campos nin á súa aldea.

Xa non voltará mais á sua vida aquela.

Xa chegou o outono para ela.

Pero mantén a esperanza a pobre vella

Que soña que voa cara á sua aldea

E mentres tanto o outono chora por ela".

 

Segundo premio: " O último segundo", de Marta Vázquez -2º ESO-

" Reflexos vermellos tinguen a auga da lagoa,

O olor a óxido flota no aire,

O sangue esparéxese polo chan,

Como un río que corre ata a desembocadura.

E xunto un elmo tendido sobre os pétalos

Caídos das mapoulas, un corpo desángrase lentamente,

Cunha daga cravada no corazón, inmaterial pero presente,

E outra, a que máis lle doeu, na fronte.

Os raios dun sol primaveral caen sobre os seus cabelos,

E o home bota un último suspiro,

E cruza a porta".     

Sociedade