O IES Fene, en Europa

O IES Fene, en Europa

28 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Acaban de chegar da Bretaña francesa, esactamente da localidade de Rennes, dous alumnos e tres profesores que participaron no proxecto europeo SKILL 4U. A directora do IES de Fene, María Nogareda, participe do proxecto xunto con Eva Gondel e Daniel Bogo, explicounos os obxectivos do proxecto no que participan varios países europeos, Holanda, francia, Noruega, Polonia e nós. O proxecto está orientado ao alumnado de FP que desexe facer as prácticas no extranxeiro,

David Seoane e Julián Sixto, escriben un diario sobre a viaxe que os deixou plenamente satisfeitos. Julian Sixto rendéuse ante unha Bretaña que se parece a Galicia na paisaxe, pero que coida moito máis as súas cidades.
David Seoane opina que o sistema educativo daló é máis coherente porque orienta ao alumnado cara ás súas preferencias educativas e reparte mellor as vacacións. Julián pola súa parte fixouse máis na beleza e na maxia de lugares como o Mont Saint Michel.

Existe unha páxina para afondar neste proxecto: www.skill4u.eu

 

Sociedade