O IESCHA fai un chamamento á reflexión sobre o conflito en torno ao legado de Gil Varela

O IESCHA fai un chamamento á reflexión sobre o conflito en torno ao legado de Gil Varela

15 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Normal 0 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) amosou a súa preocupación pola posible perda dos fondos cedidos ao Museo Provincial de Lugo por parte de Álvaro Gil Varela e solicitou ás partes en litixio, os sucesores do filántropo lugués e a propia institución provincial, unha reflexión sosegada, á marxe de materialismos, sobre a necesidade de resgardar este patrimonio cultural e histórico como un ben p&u

Segundo afirman desde o IESCHA, no legado de Gil Varela atópanse pezas clasificadas como patrimonio arqueolóxico e prehistórico galego, relevantes coleccións de ourivería, e pezas tan emblemáticas para a nosa cultura como o Torques de Burela ou o Carneiro alado de Ribadeo. “Estas pezas, como parte importante do noso patrimonio, constitúen un dos maiores atractivos que ofreceu no pasado e debe seguir ofrecendo a institución pública que hoxe custodia e expón estes tesouros históricos”, afirma Manuel Santamariña, presidente desta institución cultural chairega.

 

Este fondo arqueolóxico está en perigo para o Museo Provincial, despois de que unha setenza do xulgado número 2 de primeira instancia de Lugo lle concedera a posesión das pezas aos herdeiros de Gil Varela e establecese a devolución das mesmas, entre as que figuran elementos importantes como torques de Burela, ou o carneiro alado de Ribadeo.

Entre os anos 1955 e 1980, Álvaro Gil Varela e a súa dona, Antonia Arias, depositaron no museo numerosas obras pictóricas e pezas de incalculable valor. Entre as aportacións destaca una importante colección de orfebrería, na que figuran, ademais de torques  brazaletes, arracadas e pulseiras. Outros depósitos afectados polo faio xudicial son varias obras pictóricas de Corredoira e unha colección de pintores cataláns.

No ano 2000 é cando os demandantes reclaman á Deputación por vía xudicial obtendo o faio favorable. O ente provincial anunciou recurso entendendo que é unha obriga que este importante legado permaneza exposto na cidade, para desfrute dos cidadáns, xa que foi esta a vontade de Gil Varela cando elixiu ao Museo Provincial para albergar estas pezas e obras.

Sociedade