O IESCHA pide ao Concello de Vilalba que axilice a concesión dun novo local

O IESCHA pide ao Concello de Vilalba que axilice a concesión dun novo local

10 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A tardanza por parte do Concello de Vilalba na concesión dun novo local motivou a protesta por parte do Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), que manifestou o seu malestar ao alcalde da vila luguesa, Gerardo Criado, mediante unha misiva na que lle pedía ao edil popular o cumprimento da súa promesa de ofrecer un novo espazo a esta institución cultural.

No escrito, o IESCHA manifesta “a súa máis enérxica protesta pola máis que dilatada tardanza, por parte da Alcaldía, na concesión dun novo local, máis axeitado que o actual, para levar a cabo a actividade cultural”. Do mesmo xeito, esta institución reitera  “a petición de que podan ser satisfeitas as axudas económicas comprometidas en anos anteriores”.

Escrito contra o Decreto de Plurilingüismo

Nunha segunda carta, esta vez dirixida ao Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, o IESCHA maniféstalle ao mandatario autonómico o seu “total rexeitamento ao proxecto do decreto do plurilingüísmo”, deixando claro “o seu apoio e defensa ao idioma galego e á normativa recollida na Lei de Normalización Lingüística actualmente en vigor”.  

Sociedade