O IGVS publica a lista de adxudicatarios das VPP de Muimenta

O IGVS publica a lista de adxudicatarios das VPP de Muimenta

21 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As 32 Vivendas de Promoción Pública (VPP) de Muimenta, en Cospeito, xa teñen dono, despois de que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) publicase onte a lista definitiva de adxudicatarios, así como tamén a lista de espera por se algún dos 32 rexeita facerse coa propiedade ou aluguer das vivendas.

Os pisos agrúpanse en catro bloques de baixo e unha planta, accedendo por unha entrada peonil común situada entre os bloques 1 e 4, que conduce a unha circulación interior de patio de mazá que da acceso aos oito portais dos catro bloques.

Un total de 20 vivendas contan con tres dormitorios, mentres seis dispoñen de dous dormitorios e as outras seis teñen catro dormitorios. Tódalas vivendas contan con salón, cociña, baños, tendedeira, praza de garaxe e rocho.

En canto aos acabados, as cubertas son de lousa e o revestimento exterior é enfoscado monocapa. As vivendas están dotadas con carpintería exterior de aluminio e carpintería interior de madeira para vernizar. Os pavimentos son de terrazo en locais húmidos e de parqué de madeira nas habitacións.
A lista definitiva de adxudicatarios e de espera, permanecerá exposta durante quince días na web do IGVS, http://igvs.es/web/actuamos/adxudicacion-sorteos-vpp, e nos taboleiros do Concello e da xefatura provincia do IGVS en Lugo.

Os solicitantes que se consideren prexudicados no seu dereito disporán do prazo de quince días a partir da publicación da lista definitiva, para a presentación de reclamación perante a Comisión Provincial de Vivenda. Unha vez rematado o prazo de presentación de recursos e resoltos os mesmos.

Sociedade