O IVE subirá o 1 de setembro

O IVE subirá o 1 de setembro

13 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Imposto sobre o Valor Engadido subirá do 18 ao 21% a partir do 1 de setembro, segundo anunciou o ministro de Facenda Cristobal Montoro, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros. Montoro confirmou a eliminación da deducción por adquisición de vivenda a partir do 1 de xaneiro do 2013. "É obrigado subir o IVE pola situación, polo cumprimento das obrigacións e polas recomendacións da Comisión Europea" indicou o titular de Fa

A vicepresidenta do goberno Soraya Sáenz de Santamaría anunciou a vontade do goberno de levar ao Parlamento un total de 20 proxectos de lei antes de finalizar o ano."Todas as administracións deben axustar os gastos aos ingresos" precisou Soraya. A vicepresidenta indicou que "serán as Deputacións as que asuman os servizos dos pequenos Concellos". Soraya recoñeceu que a reducción dos concelleiros non será de aplicación ata dentro de 3 anos, despois das vindeiras eleccións municipais.

O ministro de Economía Luis de Guindos anunciou a ampliación dos horarios comerciais. "Todos os establecementos comercial de menos de 150 metros cadrados terán total liberdade de aperturas", segundo De Guindos. "Pasaráse de 12 a 16 os domingos de libre apertura e liberalízase completamente o período de rebaixas" especificou o membro do executivo.

 

 

 

 

Sociedade