O jazz de raíz galego e o estadounidense fúndese en “Atlantic Bridge”

O jazz de raíz galego e o estadounidense fúndese en “Atlantic Bridge”

26 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Músicos de EEUU e Galicia tenderon unha “ponte atlántica”, creada a base de jazz instrumental e que deu como resultado o álbum homónimo Atlantic Bridge. Un traballo que xa está na rúa e no que atopamos nove temas orixinais do pianista galego Alberto Conde, o guitarrista estadounidense Steve Brown, o trompetista

Brown foi mestre de Conde nos anos 80, década na que coincidiron en diferentes seminarios. En 2008, despois de anos sen encontrarse, Internet permitiulles establecer novamente contacto e intercambiar os seus proxectos discográficos. O guitarrista estadounidense interesouse polo traballo do galego, nunha xira europea posou pola Coruña e así naceron os alicerces de Atlantic Bridge.

Tras varios concertos por Europa en outubro de 2008, os nosos músicos viaxaron a Estados Unidos para gravar en febreiro de 2009 en Nova York este primeiro álbum, Atlantic Bridge.

O disco mestura o jazz de raíz galego co jazz norteamericano. Unha fusión moi natural que, segundo o pianista galego Alberto Conde, nos permite falar dun álbum moi coherente.

Brown, White, Somoza, García, Cabana e Conde presentaron a semana pasada no Fórum Metropolitano da Coruña e no Marco de Vigo Atlantic Bridge. A resposta do público presente, fundamentalmente medios de comunicación, “non puido ser mellor”, segundo asegura Conde, que tamén nos confirmou que nos meses de verán farán xira por Galicia e polos festivais estatais.

Cultura