O labor dos rastreadores da Armada

O labor dos rastreadores da Armada
10 de Decembro, 2020 - 01:12 h. | Publicada por Radio Fene

O xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Angel Facio visitou esta mañá aos rastreadores da Armada en Ferrol.

O xerente da área sanitaria de Ferrol, Angel Facio Villanueva, visitou esta mañá á unidade de rastreadores da Armada en Ferrol, constituída por 77 persoas entre mandos e rastreadores (66 en Ferrol e 11 en Marín), e que forma parte da Unidade de Vixilancia Epidemiolóxica en Galicia para levar a cabo os labores de vixilancia epidemiolóxica derivadas de brotes COVID-19. Comezaron o seu traballo o pasado 28 de setembro en quendas de dous meses, con horario ininterrompido de 09:00 a 22:00 horas, de luns a domingo. Desde o inicio da súa actividade o persoal realizou 107.570 chamadas para o seguimento individualizado de contactos estreitos de casos confirmados de COVID-19, proporcionados pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

A misión dos rastreadores

O rastrexo de contactos é o proceso de detectar, avaliar e decidir as accións a seguir nas persoas que estiveron expostas á enfermidade, co fin de diminuír a súa propagación. Permite implementar de forma precoz medidas de illamento e prevención, que contribúen a diminuír a propagación da enfermidade, segundo indica nun comunicado o gabinete de prensa da Armada en Ferrol.

Sociedade

Publica o teu comentario agora