O Laboratorio Audiovisual de Vedra bate records de participación con 200 persoas inscritas

O Laboratorio Audiovisual de Vedra bate records de participación con 200 persoas inscritas

19 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A terceira edición do Laboratorio Audiovisual de Vedra 2010 (LAV 010), organizada pola asociación Seunpeso Produción, arrinca mañá para desenvolverse nestas dúas últimas fins de semana de febreiro. Trátase dunhas xornadas que combinan unha mostra de creacións audiovisuais galegas recentes, aberta a todo o p&uacu

O éxito do LAV 010 está asegurado logo de que se anotasen case 200 persoas, o que supón triplicar o número de asistentes da edición anterior. En dez dos 16 cursos ofrecidos se esgotaron todas as prazas dispoñibles. Estes datos converten o Laboratorio nunha iniciativa de referencia en Galicia no eido da formación audiovisual. Os cursos desenvolveranse os días 20, 21, 27 e 28 de febreiro no CPI de Vedra, na comarca de Santiago. A proposta de cursos atende a diversos procesos da creación audiovisual, desde a dirección, o guión e a actuación aos máis técnicos, como o manexo de cámara, o son ou aspectos da posprodución.

Esta fin de semana comeza o curso de iniciación á creación de curtametraxes, que imparte Alfonso Zarauza, director do filme A noite que deixou de chover e da serie Nordés. Tamén comeza o de iniciación aos documentais, a cargo do realizador Antón Moure e o que ofrece Juan Pablo Echeverry, candidado ao Goya polo seu traballo Minotauromaquia, sobre a técnica de animación stop-motion.

Dous obradoiros de interpretación diante da cámara comezan tamén esta fin de semana, o impartido pola actriz galega María Bouzas e o do británico Nathan Carter: ao igual que comezan as clases de maquillaxe de efectos especiais, con Alberto Hortas, que formou parte do equipo do filme O labirinto do fauno, de Guillermo del Toro. Na fin de semana do 27 e 28, Denís López Horro será o encargado de ensinar como se fai un guión audiovisual. Xoán Escudero de explicar o uso de son creativo para cine; Javier Rosende de compartir os seus coñecementos de operador de cámara; e Paco Rocha de ofrecer un obradoiro de iniciación á dirección de fotografía.

Para aqueles que xa teñen experiencia no audiovisual, o LAV 010 ofrece obradoiros ‘avanzados’, coma o de codificiación de vídeo dixital, que será impartido por Berto Yáñez; ou o de Red ONE, da man de Alberto Díaz “Bertitxi” e Jairo Iglesias. Os que queiran mellorar a técnica vocal e voz falada, poderán adquirir bos consellos de Ramón Bermejo. Os interesados en empregar as steady cam recibirán clases de Carlos Martínez Bouzas, e Alonfo Parra (AEC) ofrece un curso de dirección de fotografia para directores e realizadores. Todos estes cursos avanzados realizaranse nesta primeira fin de semana, agás o de steady cam, que será na última fin de semana de febreiro.

Este ano o LAV engade tamén unha nova proposta formativa, dirixida á xente máis nova: un obradoiro audiovisual para alumnos de educación secundaria. Trátase dun curso de iniciación ás curtametraxes que vai impartir ao longo destas dúas fins de semana Luki Mathews.

Mostra audiovisual

A primeira sesión será o sábado 20, ás 20:30 horas, e nela presentaranse traballos realizados en edicións anteriores do LAV: as curtametraxes Sospeitosa, Baixo Sospeita, Slow Food I e Slow Food II e o documental Meigawatios.

O día seguinte, domingo 21, ás 18.30 horas, haberá unha sesión dedicada ó ‘making off’ na que o director Marcos Nine dará unha conferencia sobre ‘Recursos para contar o que non podes gravar’ e, despois, contaremos coa presenza de Enrique Otero e Miguel de Lira que nos falarán da longametraxe e exhibirán o making off de Crebinsky.

O venres 26 de febreiro, ás 21:30 h. proxectaranse nove curtametraxes realizadas por ex alumnos do LAV e por directores de Vedra, Compostela e arredores, entre os que figuran Orlando Villasenín e Luís Miguel Lagos ‘Luki’, Nani Matos, Edu Lavandeira, Marisa Otero, Pepón Tallón ou Gutier Rolán.

O sábado 27, ás 20.30 horas, haberá unha sesión de autor na que se proxectará a película A noite que deixou de chover, de Alfonso Zarauza, mentres que o último día do LAV 010, o domingo 28.

Cultura