O laboratorio está preparado

O laboratorio está preparado
16 de Marzo, 2020 - 10:25 h. | Publicada por Radio Fene

Así vive a crise unha técnica de laboratorio no Arquitecto Marcide.

ESCOITA O PODCAST:

“Perlío está quieto” afirma a directiva do CCRD Perlío, Mariola Hermida, porque a xente é consciente da gravidade da situación. Engade que a transmisión do virus é moi rápida e iso ten que influir no comportamiento da veciñanza, respectando a alerta. Algo sabe disto Mariola Hermida pola súa profesión de Técnico de laboratorio no Arquitecto Marcide de Ferrol, onde se reforzaron turnos para dar resposta a esta situación especial. Como unha das medidas foi reducir e adiar as consultas previstas, reduciuse o número de mostras para analizar e iso facilita o traballo en caso de que isto vaia a máis. Mariola Hermida está agradecida á xente que saiu ás ventas para aplaudir e agradecer o traballo do persoal sanitario. Ela mesma recoñece que saiu ao seu balcón para compartir o aplauso con todas as persoas que colaboran desde os seus traballos en que esta situación de crise sexa máis levadeira.

Sociedade

Publica o teu comentario agora