O leite para regar as leiras

O leite para regar as leiras

23 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

60.000 litros de leite recollido en 300 explotacións das comarcas de Xallas, Arzúa, Ordes, Compostela e Costa da Morte verquéronse este mediodia nas leiras da parroquia de Nemenzo en Santiago de Compostela. 14 cisternas participaron nesta acción de protesta organizada polo Sindicato Labrego Galego. Reclaman un prezo xusto para o leite como forma de garantir o futuro do sector. 

O prezo do leite é tan baixo que entregarllo ás industrias, só permite que se enriquezan a costa dos productores e dos consumidores e consumidoras. Por iso o Sindicato Labrego Galego considerou máis util emrpegalo hoxe para chamar a atención da cidadanía e esixir solucións por parte dos goberno á grave crise que atravesa o sector.

Sociedade