O Lexislativo galego condena o ataque ao Mavi Marmara

O Lexislativo galego condena o ataque ao Mavi Marmara

01 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Parlamento de Galicia emitiu unha declaración institucional na que, ante a abordaxe por parte da forza militar de Israel á frota Freedom Gaza “condena rotundamente o ataque e o asasinato de cooperantes internacionais”. Asemade, o lexislativo galego “condena e pide a fin do bloqueo que está a padecer a poboación de Gaza” no que os deputados do hemiciclo cualifican como unha “flagrante violación da legalidade internacional”. Asemade, a C

O BNG quixo ser máis explícito nestas reivindicacións e, a través do seu voceiro nacional Guillerme Vázquez, reclamou “que se cumpran os acordos de Oslo por parte da chamada Comunidade Internacional e que poña, dunha vez por todas, en pé un Estado palestino independente e viable”. Vázquez especificou que “ao señor Obama, que lle acaban de dar o Nobel da Paz, ten que facer algo máis que seguir apoiando as actitudes cirminais do Estado de Israel”. Ademais, dende o BNG fixeron un chamamento a participar nas mobilizacións de protesta polo ataque contra a frota Freedom Gaza que principian ás oito e media do serán en varios puntos de Galicia.

A organización Galiza por Palestina convoca concentracións de protesta contra o que cualifica de “ataque asasino e barbarie israelí” na Coruña, diante do Obelisco; en Santiago de Compostela, na praza do Toural; en Ferrol, diante do edificio da Xunta; en Pontevedra, na praza da Peregrina; en Lugo, na praza Maior; en en Vigo, diante do Museo Marco. Na cidade olívica vaise celebrar este verán o Festiclown, o encontro internacional de Pallasos que, por vez primeira vai ter unha edición en Palestina no mes de outubro. O seu organizador, Iván Prado, foi expulsado por Israel durante a súa última visita para preparar o evento. Nos micrófonos de Radiofusión condenou a actuación do que dixo que “non é un Estado, senón un exército de ocupación”. Prado criticou a posición da ONU e pediu a fin das relacións diplomáticas co Goberno de Netanyahu e adiantou que pensa retornar en breve a Palestina malia a expulsión padecida na última ocasión no aeroporto de Tel-Aviv.

Institucional