O longueirón é unha festa

O longueirón é unha festa
22 de Outubro, 2019 - 09:00 h. | Publicada por Radio Neria

En empanada ou con arroz. No ferro quente cunha pinga de aceite e limón. Cocidas ao vapor. Hai múltiples maneiras de cociñar as navallas.

A Festa do Longueirón en Fisterra celébrase o primeiro fin de semana de agosto

A navalla ou longueirón é un molusco bivalvo de cunchas alongadas que se distinguen na area da praia por faceren pequenas burbullas. As navallas cóllense cando sobresaen da area na marea baixa. Luís Villaverde di que cando a baixamar coincide con noites de lúa chea, vense os longueiróns nas praias baleiras, amosando o extremo superior como un exercito moi preto. Péscanse poñendo un pouco de sal e metendo polo furado unha variña de paraugas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora