O lusco e fusco de inverno

O lusco e fusco de inverno

21 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Mercado entre lusco e fusco vai celebrar, mañá martes, a partir das 18h nas terrazas do Parque de Belvís en Compostela, a I Feira de Inverno. Tras o o éxito da I Feira de Verán e da I Feira do Outono, celebradas no mes de xuño e no mes de outubro do ano pasado,  agora  desenvolverán esta feira para gozar cos produtos desta temporada e festexar a próxima chegada do entroido. Os comerciantes irán disfra

Este proxecto consiste na organización dun mercado de serán de produtos locais, ecolóxicos e de comercio xusto en Santiago de Compostela. A idea naceu da necesidade de ofrecer unha alternativa real para as persoas que teñen horario de oficina, que estudan polas mañás ou que simplemente non poden acudir aos mercados locais composteláns nos seus horarios de negocio. O que se pretende é ofrecer un espazo onde poder mercar alimentos básicos, como produtos de horta, legumes e froitas que sexan locais e de calidade, a aquelas persoas que por diversas causas se vexan abocados aos supermercados ou ás grandes superficies. A potenciación da economía local desde o punto de vista do consumo é outro dos eixos fundamentais deste proxecto. De forma paralela, intégranse no mercado actividades de divulgación do consumo responsable (obradoiros, charlas etc.) e mesmo realizanse mercados de troco e outras iniciativas semellantes que axudan a dinamizar e concienciar a un tempo. 

Constitúe un dos primeiros proxectos desenvolvidos entre consumidores/as e produtores/as onde se teñen en conta as necesidades e desexos de cada un dos colectivos implicados. O contacto directo entre produtor/a e consumidor/a, o establecemento de relacións onde a confianza mútua é importante, a ausencia de intermediarios que encarezan os produtos ou a recuperación da tradición dos mercados populares son só algúns dos atractivos desta iniciativa pioneira na capital galega.

Sociedade