O mércores de cinza, dia central do Antroido en Fene

O mércores de cinza, dia central do Antroido en Fene

25 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A orquestra Os Trovadores arrufará a verbena nocturna o mércores de cinza, 17 de febreiro,  en Fene. O martes do Antroido a animación musical correrá a cargo da orquestra Xente Nova. Como en anos anteriores, o mércores será o dia central das festas do Carnaval en Fene, coincidindo co festivo local.

Nesa xornada concentraránse as comparsas na Rúa Río Cádavo de Perlío para realizar o tradicional desfile. Actuarán as agrupacións na Praza do Concello, daráse lectura ao testamento do Antroido e queimaráse o meco.

O martes de Antroido a Xove Orquestra Local percorrerá as parroquias. Na Praza do Concello organízase unha degustación de lambetadas típicas do Carnaval.

Sociedade