O macramé e os traxes populares, novidades da VII Edición da Feira de Artesanía Arte de Man de Allariz

O macramé e os traxes populares, novidades da VII Edición da Feira de Artesanía Arte de Man de Allariz

09 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O casco histórico de Allariz acolle este vindeiro domingo 13 de setembro a VII Edición da Feira de Artesanía. Participarán 23 artesáns chegados dende toda Galicia, dos que 7 son da localidade alaricana, que durante todo o domingo terán expostos xoias, feltro, forxa artística, madeira, coiro, pintura ou vidro.

A Feira de Artesanía é  un proxecto que nacía no ano 2003 “froito do traballo conxunto, entre o Concello e os artesáns alaricanos,  de recuperación etnográfica e dos oficios perdidos para promocionar a actividade artesanal” sinalaba Cristina Cid, Concelleira de Promoción Económica.

Na Praza Maior e na Praza de Abaixo do centro de Allariz terá lugar a feira. Este ano haberá novidades en canto a produtos expostos, como macramé ou traxes populares para dar dinamismo ao mercado. Ademais de exposición e venda, dous artesáns locais Xaime Piñeiro e Antonio González,  amosarán a súa arte, pintura e cerámica artística e cestería, respectivamente.

Sociedade