O mal tempo retrasa o desentullo do emisario en Fene

O mal tempo retrasa o desentullo do emisario en Fene

25 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene véuse na obriga de retrasar os traballos de desentullo do emisario na praia de Almieiras en Fene. O mal tempo obrigou a aprazar os traballos ata o próximo luns. O areal fenés recibe os residuos do emisario sobre o areal e as análises indican certa contaminación. De amañarse o problema, fontes de Augas de Galicia, aseguran que a auga estará apta para o baño no prazo de 15 dias.

O mal tempo provoca que se retrasen os traballos de liberación do emisario de Limodre en Fene, que o concello pretendia empezar hoxe. O aviso de temporal no mar fai que os traballos para o desentullo do emisario se apracen ata o próximo luns, segundo confirmou a radiofusión o edil de obras, José Antonio López.

Os traballos consistirán en meter auga a presión no tubo, seguindo as recomendacións técnicas de Augas de Galicia e coa axuda de buzos. O peor que pode pasar é que a presión provoque algunha rotura pero hai que intentalo. Augas de Galicia realiza análises diarios das augas verquidas á praia de Almieiras, dando como resultado unha leve contaminación microbiana, segundo informou o edil fenés.

Se o resultado é satisfactorio, en quince dias se normalizaría a situación e a praia sería declarada apta para o baño. O luns acometeráse a primeira proba.

Sociedade