O Malpica de Maniños gaña o certame de tapas tradicionais de Fene

O Malpica de Maniños gaña o certame de tapas tradicionais de Fene

01 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cafe bar Malpica de Maniños coa súa lingua estofada gañou o Certame de Tapas de Fene na súa versión de pincho tradicional. En segunda posición quedou a cervexeria A Morriña por unha tapa de carne ao caldeiro.

Integraron o xurado o xornalista gastronómico Miguel Vila, o profesor da Escola de Hostelería de Pontedeume Xavier Santamariña, Teodomiro Hidalgo da Asociación de Comerciantes de Fene, e o concelleiro de Promoción Económica Manuel Polo. Valoraron a textura e o perfeito punto de cocción da lingua ofrecida no Bar Malpica de Maniños. Participaron tamén no certame Casa Raquel con mexillóns á mariñeira, A Barrica con orella de p orco, O Arroz O Roibén e os mexillóns en salsa da cafetería Pachamamá. Mañá o xurado realizará a cata do establecementos participantes na modalidade de tapa innovadora deste Certame de Tapas organizado pola concellería de Promoción Económica de Fene.

Sociedade