O Maniños organiza unha nova edición do Torneo de fútbol de base

O Maniños organiza unha nova edición do Torneo de fútbol de base

25 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os días 4,5 e 6 de xuño celébrase no campo de O Pote de Maniños unha nova edición, a VI, do Torneo de Fútbol de Base. Participan o Animas, o Meirás, o Racing San Pedro, o Numancia, o Galicia de Caranza, o Portuarios, o Amistade Meirás, o Perlío, o Eume Deportivo, o Rápido de Neda, o Galicia de Mugardos e o club organizador do Cultural Maniños.

Falamos de fútbol-11, en partidos de 25 minutos e con regulamento de fútbol-7 para os cambios. No caso de empates as eliminatorias resólvense con tandas de penaltis. O torneo comezará o venres día 2 de xuño ás cinco da tarde co partido entre o Eume Deportivo e o Perlío. Seguirá cos enfrentamentos entre o Numancia e o Caranza, o Animas que xogará co Racing San Pedro e o Rápido de Neda que se enfrentará ao Cultural Maniños. O seguirán os enfrentamentos e o domingo terán lugar as semifinais e as finais.

Deportes