O Maniños visita ao colista e o Barallobre xoga un importante choque co Somozas B

O Maniños visita ao colista e o Barallobre xoga un importante choque co Somozas B

26 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Na Segunda Autonómica, este domingo o Cultural Maniños visita ao colista, o Rosalía de Vilaboa en Valdoviño. O encontro principiará ás catro e cuarto da tarde. O Maniños achégase con certa precaución a Valdoviño, porque o terreo é brando e o campo pequeno. 

Tamén na Segunda Autonómica, a Sociedade Deportiva Barallobre recibe mañá ao Somozas B. O partido tamén comezará no campo do Ramo ás catro e cuarto da tarde. O filial do Somozas é un dos rivais máis asequibeis dos que lle quedan ao Barallobre ata o remate da Liga. Por iso o partido é mais importante, segundo o directivo Victor Formoso.

Deportes