O Maniños xoga mañá co Rosalía

O Maniños xoga mañá co Rosalía

23 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Cultural Maniños recibe mañá domingo no campo do Pote ao Rosalía de Vilaboa nunha nova xornada da Segunda Autonómica de fútbol. Na casa o equipo traballa e rinde máis pero os xogadores non se poden confiar, afirma o delegado e segundo adestrador Sergio Fernández.

O Maniños ocupa na actualidade a sexta posición na táboa clasificatoria con 12 puntos. O Rosalía ocupa a 4ª praza pola cola con 4 puntos.

Deportes