O marisco máis abondoso

O marisco máis abondoso
18 de Outubro, 2019 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A vieira era o marisco máis abondoso do mar próximo a Compostela, segundo reflexa o Códice Calixtino, escrito no século doce. Por iso os peregrinos colgaban das súas capas as cunchas delas como proba da promesa cumprida de peregrinación á sagrada tumba.

Peixería A Greta. Avenida Naturais de Fene

A vieira ten unha formación carnosa cunha cor entre vermella e amarela escintílante. Pode ter ou non coral. Para preparar o bicho, cómpre limpalo de areas e retirarlle o manto, que é unha especie de tea cun festón negro que se tira. O máis común é poñelas no forno con cebola ben suada, un case nada de allo, xamón do noso en cadradiños moi miúdos e poucos, unha pinga de limón, de vinagre ou de viño Albariño e cuberta dunha nube de pan relado para protexela no momento do gratinado, que ha ser forte. Está perfecta cando a cebola da vieira comeza a torrarse.

Sociedade

Publica o teu comentario agora