O maxín de “O trasno viaxeiro”

O maxín de “O trasno viaxeiro”

11 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O trasno viaxeiro naceu sendo libraría-ludoteca. Na actualidade é unha libraría que agocha milleiros de volumes, sendo especialmente variados os fondos de literatura infantil. O seu fermoso nome xurde do maxín, das páxinas dos libros e do seu mundo máxico. Este caixón de xastre atópase en Cacheiras - Teo (A Coruña).

A propietaria de o Trasno Viaxeiro, Ana María Martínez, cumpriu o seu sono de infancia de adicarse ao que máis lle gustaba, o mundo dos libros e creou esta libraría. “Xurde dunha ilusión”, afirma. Agora rodéase de milleiros de historias fechadas entre as tapas de moitos de volumes de variados autores e diversas editoriais. Traballa con editoriais galegas como Kalandraka, Xerais, Oqo editora, Do Castro edicións, Embora, Galaxia e un longo etcétera.

Esta amante do papel impreso goza cando nenos e maiores son coñecedores dos títulos máis recentes, “reconfórtame” manifesta,  e salienta a importancia da lectura entre pais e fillos.

Recomenda aos máis pequenos a lectura de “A nena e o grilo”, un libro CD onde se une a música coas letras. Outra das propostas literarias é o libro "A mordiscos", un volume pequeno da Editorial Kalandraka da edición Quitapenas. O establecemento conta co seu blog propio, para contactar con outras páxinas galegas, doutras distribuidoras, para coñecer que se move nas editoriais, explica Ana Martínez.

Para coñecer máis o mundo máxico de O trasno viaxeiro poden consultar a web www.otrasnoviaxeiro.com

Sociedade