O medo segue a frear a expansión internacional das Pymes

O medo segue a frear a expansión internacional das Pymes

14 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Conseguir que a internacionalización das empresas galegas se convirta en filosofía de acción e non só en mera acción comercial é unha das claves necesarias para afianzar o tecido empresarial galego no exterior. Esta é unha das conclusións que se desprenden do estudo  “A internacionalización da economía galega no ano 2009” elaborado polo Consello Galego de Cámaras de Comercio en colaboración co instituto d

Segundo manifestou esta mañá a Radiofusión o presidente do Consello Galego de Cámaras, Francisco Cruz, o obxectivo deste estudo ten unha dobre vertiente. Dunha banda apuntar as liñas de acción e as ferramentas necesarias para favorecer a saída das pymes ao exterior e pola outra  indicar ás administracións as necesidades de servizos que os empresarios teñen nalgúns mercados para que poidan acceder a eles.

Neste senso, Francisco Cruz, salienta a importancia de incentivar dende a administración a competitividade das empresas a nivel internacional máis que outorgarlles subvencións.  Neste senso as Cámaras de Comercio, abogan porque as axudas se destinen ao financiamento de proxectos e misións comerciais máis agresivas é ao desenvolvemento, a través do IGAPI de proxectos que contribúan á entrada das nosas empresas no exterior. A expansión internacional ténse que ver non só como un mercado para a venda senón tamén para a obtención de materia prima.

O presidente do Consello de Cámaras fai tamén fincapé na importancia de rachar co actitude espectadora que moitos empresarios teñen cos mercados internacionais e acudir tamén a mercados emerxentes como os da India, China, Brasil ou Rusia que poden ofrecer tamén grandes oportunidades de expansión.

Xunto ás empresas xa consolidadas é preciso tamén concienciar ás de nova creación para que dende un principio poñan en práctica esa filosofía internacionalizadora, evitando caer no medo a expansión ao exterior. Outro dos aspectos relevantes para facilitar o acceso aos mercados internacionais radica na necesidade de mellorar e modernizar os procesos productivos das empresas e abrilos a novos sectores, posto que o mercado global impón competencia á que hai que facerlle fronte con estratexias  renovadoras e innovadoras.

Sociedade