O mel e o fel

O mel e o fel
13 de Febreiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Ten futuro a lingua galega? Cales son as causas do progresivo abandono do galego como lingua habitual? Que futuro pode ter unha lingua como a nosa nun mundo global? Nas últimas décadas observase un desprazamento contundente do galego polo castelán, que vén de vello e que afecta a toda a poboación, pero sobre todo á rapazada. O paso da Galicia rural á urbana, a diversificación da sociedade, a apertura ao exterior e a globalización construíu un escenario totalmente diferente do anterior. 

Fotografía Xan Xe

Hai tamén fortalezas e oportunidades arredor do galego, como é a existencia de institucións autonómicas e as ferramentas asociadas. As novas políticas non poden asentarse nunha filosofía de "equidade" porque tratar igual ao desigual, reforza a desigualdade xa existente. Terán que ir acompañadas de amabilidade e de consenso pero incluíndo actuacións que non se limiten ao ámbito educativo. Usar máis o mel que o fel. E urxente e prioritario poñer o foco na rapazada. Lograr que o galego sexa a lingua primeira no asentamento funcional. Pero tamén na escola, achega para a súa visibilidade e para que a aprendizaxe doutras linguas funcione como suma e non como resta. "O global se pode construír desde o local" afirman os profesores Bieito Silva e Xaquín Loredo no artigo publicado no último número da revista mensual de información e opinión para o debate "Tempos novos" (nº309. Febreiro, 2023. Páxina 85)

 

Na imaxe escolares do colexio de Moeche en Radio Fene.

Fotografía Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora