O mellor jazz galego no Burgo

O mellor jazz galego no Burgo

08 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Por décimo ano consecutivo a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo, tras o éxito acadado nas edicións anteriores, presenta de novo o X Festival Burgojazz cun programa renovado adicado  ás mellores formacións do Jazz galego. Celebrarase desde mañá venres 9 ao 16  de xullo na Aula da Natureza do Xardín Botánico “Ría do Burgo”, agás o concerto inaugural e de  clausura que serán n

No X Burgojazz preséntanse algunhas das mellores formacións de Jazz Galego coñecidos xa no panorama internacional. Pasarán polo escenario Abe Rábade presentando o seu último disco “Zigurat”, a pequena orquestra de jazz de Roberto Somoza The Vanguard pechando un cartel de seis días de Festival que inclúe á vocalista Ángeles Dorrío co seu cuarteto, os exitosos 3Azoteas ou o blues singular de Carlos Childe Troupe.

Este ano haberá novas aportacións coa presenza dos novos Arts&sounds music club e os alumnos do Conservatorio de Música de Culleredo, achegándose ao Jazz. Un programa de moita calidade que vai dirixido a un público fiel e entendido.

O festival, patrocinado pola Xunta de Galicia dentro do programa Xacobeo 2010 inaugúrase, mañá ás oito e media no Edificio de Servizos Múltiples. con Abe Rábade e o seu grupo que interpretarán temas do seu “Zigurat”. O vindeiro luns, á mesma hora no Xardín Botánico“Ría do Burgo” actuarán o “Sexteto de Saxofón do Conservatorio de Culleredo”e “Art & Sounds Music Club. No mesmo escenario e horario o martes soberá ao escenario o grupo “3Azoteas”. O mércores tócalle a quenda a Ángeles Dorrío Cuarteto e o xoves a Carlos Childe Troupe. O derradeiro día, o venres 16 de xullo, o festival trasládase novamente ao Edificio de Servizos Múltiples con Roberto Somoza Octeto e a súa cuarta gravación “The vanguard”.

Sociedade