O mellor teatro de Iberoamérica dáse cita no FITO

O mellor teatro de Iberoamérica dáse cita no FITO

23 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Unha oportunidade única para ver grandes espectáculos teatrais, estatais e internacionais, a prezos populares. Isto é o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) que dá comezo mañá á súa segunda edición, na que primará a variedade e calidade ata o domingo, 1 de novembro. Ánxeles Cuña, directora de Sarabela Teatro e organizado

O desenvolvemento da civilización vindeira e Todos os gobernos evitaron o teatro íntimo de Daniel Veronese, Terceiro corpo de Timbre 4; así como Bos Aires e A Paranoia de El Patrón Vázquez son os cinco espectáculos arxentinos. Os de Veronese exhibiranse o martes e mércores, 27 e 28, respectivamente, ás once da noite no Auditorio Municipal. Pola súa parte, Timbre 4 actuarán no Teatro Principal, tamén o 28, ás oito e media da tarde. O venres e sábado, 30 e 31, El Patrón Vázquez porá sobre as táboas do Teatro Principal Bos Aires e sobre as do Auditorio Municipal A Paranoia.

O mundo lusófono tamén ten o seu oco no FITO. Desde Brasil virá a Companhia Pessoal de Teatro para representar Primeira Pel na Sala multiusos do Edificio de Ferro do Campus Universitario o 29, ás oito e media. Tamén ten oco Portugal co Burgher King Lear de Joâo García Miguel no Teatro Principal ás oito e media; e coa representación de Coa palabra na lingua, co-produción galaico-portuguesa de Teatro Nu, no Auditorio Municipal ás once da noite. Ambas o luns 26.

Galicia tamén está presente no Festival Internacional de Teatro de Ourense cun espectáculo de percusión que terá lugar ao aire libre ás sete da tarde de mañá sábado na Rúa Paseo a cargo de Os Perqtores de Seixalbo. Poñerá o peche ao evento Matarile Teatro con Animais artificiais o domingo 1, ás oito e media no Auditorio Municipal.

Os representantes estatais chegarán desde Madrid. É o caso de Do meu, o melloriño de La Escapista Teatro, que actuará mañá ás oito no Auditorio Municipal. Xa ás once a Capela do Campus Universitario acollerá a proposta de Angélica Liddell, titulada Fareite invencible coa miña derrota Jackie, e Prem Teatro presentará Esa cara no Principal ás oito e media, o martes 27. Os andaluces Atalaya tamén visitarán o Auditorio de Ourense coa A ópera dos tres centavos o domingo ás oito e media.

Os italianos Teatro Tascabile di Bérgamo estarán no FITO o 31 de outubro e o 1 de novembro. Na primeira xornada amosarán a técnica Kathakali no Teatro Principal ás once da noite. O domingo, ás sete da tarde, na Explanada do Auditorio amosarán o seu Valse.

As entradas para o Auditorio e o Teatro Principal custarán 6 euros, mentres que para o Campus Universitario tan só 3. O espectáculo na rúa do Paseo, a explanada do Auditorio e a mostra de traballo serán gratuítas. Pódense mercar nos distintos espazos desde o primeiro día do festival, mañá 24 de outubro.

Cultura