O menciñeiro das gaitas

O menciñeiro das gaitas

19 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No número 34 da rúa San Francisco de Ferrol funcionaba unha farmacia. Agora dispensan outra clase de medicinas. Son menciñas para o espiritu, para a ialma, para o corazón, pero tamén para a diversión, para a xolda. Alí construie gaitas Antón Varela, un dos 15 artesáns que se adican a ese labor de xeito profisional en Galicia.

“A gaita en Galicia sempre estivo viva” afirma Antón Varela, salientando a diferencia con outros paises como Francia, onde o instrumento desapareceu e logo volveu a recuperarse. “Aquí non, sempre houbo un gaiteiro para unha festa, e iso explica que unha vez pasada a moda das gaitas, se manteña, porque é algo moi enraizado” salienta o artesán que aprendeu a construir as gaitas con Antón Corral e con Xosé Seivane. Antón Varela falounos tamén da mellor madeira para construir a gaita: o granadillo e o buxo.
“O meu achegamento ás gaitas foi unha especie de flechazo, a partir dunha visita ao obradoiro de Paulino Pérez en Lugo” indica Varela, artesán, gaiteiro e compositor.

Cultura