O Mercado Vello das Pontes acolle unha exposición sobre o cambio climático

O Mercado Vello das Pontes acolle unha exposición sobre o cambio climático

19 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Mercado Vello das Pontes acolle este xoves día 21 a inauguración da exposición itinerante O cambio climático. O acto contará coa asistencia da deputada provincial, Montserrat García; do comisario da mostra, Ricardo García Mira; e de responsables municipais do Concello.

O obxectivo principal da exposición é a sensibilización da sociedade, e especialmente dos máis novos, ante o reto do cambio climático. A mostra conta, entre outros obxectos, cun conxunto de nove paneis didácticos nos que se reflexiona sobre este tema, unha eco-esfera na que se recrea un sistema de vida en equilibrio e un ordenador no que os visitantes poden calcular a pegada ecolóxica.

Sociedade