O mesmo escenario, os mesmos actores

O PP celebrou o domingo o mitin central da campaña en Perlío.
20 de Maio, 2019 - 09:21 h. | Publicada por Radio Fene

O CCRD Perlío acolleu o domingo ás 12,30h o mitin do PP aprazado pola morte de Pérez Rubalcaba. Gumersindo Galego presentou a súa candidatura composta de persoas novas e expertas.

PP2019

Un futuro mellor para Fene promete o PP se os votantes se inclinan pola súa opción o próximo domingo. Os populares celebraron o domingo ao mediodia no Círculo de Perlío  o mitin central da campaña en Fene, coa presencia do secretario xeral do partido en Galicia, Miguel Tellado, e o Conselleiro de Industria, Francisco Conde. Este último criticou a firma das fragatas que retrasou o PSOE ata as vísperas das eleccións xerais. Miguel Tellado afirmou que Fene non é de esquerdas. Fixo fincapé en que os gobernos de alianzas de esquerdas en Fene foron sempre un fracaso, sendo incapaces de poñerse dacordo. "Os bipartitos duran un mes, mentres se reparten os postos" afirmou. Acusou ao BNG de esconder a papeleta de Europa debaixo da outra, para que non se vexa que van cos vascos e cataláns.

O candidato á alcaldía, Gumersindo Galego, reiterou o argumento de que os gobernos de BNG e PSOE explotaron ata en tres ocasións. “Cando o BNG gobernaba con 4 e o PP tiña 7 era o mundo ao revés” por iso presentou a moción de censura. Agora o escenario e os actores son os mesmos e pode volver a repetirse a mesma situación, engadiu Galego, o que será- dixo- un fracaso seguro. Concluiu resaltando os logros do seu último ano de goberno, no que liquidou a débeda cos bancos, aprobou dous orzamentos, investiu máis dun millón de euros en obras e deixa encamiñadas outras, sentención o candidato popular.

Sociedade

Publica o teu comentario agora