O meu quilómetro cero

O meu quilómetro cero
01 de Setembro, 2020 - 12:56 h. | Publicada por Radio Fene

Con temas de “As catedrais silenciadas”, Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre puxeron o punto e final ás festas de Ferrol. O público aplaudiu a un dos máximos representantes do bo momento da música “trad”.

ESCOITA O PODCAST:
Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre

“Viva o colexio Centieiras onde estudou o  acordeonista Grandal. Eu rompín as alpargatas na pista de San Valentín.”  Foron chiscadelas de Xabier Díaz ao público que esgotou as entradas do concerto celebrado na Praza de Armas con máscaras e distancias de seguridade. “Fene é o meu quilómetro cero, o meu punto de partida. Empecei a tocar a gaita na Casa da Cultura de Fene, subindo desde San Valentín” manifesta Xabier Diaz.

Xabier Díaz considérase máis músico que artista e fala do auxe da música trad. É relevante porque na música non  importan moito as procedencias nin os pedigrees. Son Adufeiras do Salitre as veciñas de Barallobre Lidia e Gisela Sanmartin. Xabier Díaz seleccionou as adufeiras dos cursos de canto que impartiu por toda Galicia. "Estamos nós, outras oito mulleres, dous músicos e unha chea de xente" afirmaba en 2015 a veciña de Barallobre Lidia Sanmartín.
Un dos máximos estudosos de Castelao e de Murguía. Pescudou na prensa de comezos do século XX e en numerosas fontes bibliográficas. O historiador Jose Antonio Durán finou a pasada fin de semana. En declaracións a Radio Fene, Durán falaba dos seus descubrimentos arredor do primeiro Murguía. "Foi un modelo de escrita, un pozo de coñecemento de fontes e un revelador de pasados descoñecidos" indica o catedrático da Universidade de Santiago Lourenzo Fernández Prieto nun artigo publicado hoxe en Nós diario.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora