O Ministerio de Medio Ambiente premia á Asociación ANDREA polo seu labor social

O Ministerio de Medio Ambiente premia á Asociación ANDREA polo seu labor social

18 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) vén de premiar á Asociación ANDREA cun novo recoñecemento a nivel estatal, tanto pola súa labor no rescate e rehabilitación de burros abandonados e maltratados como polas actividades de carácter social que realizan mediadas por estes animais.

 

O proxecto de ANDREA será publicado na revista "Rural" do propio Ministerio como exemplo de actividades que dinamizan o medio rural e teñen unha forte vinculación con fauna silvestre, emblemática ou en perigo de extinción.

“Isto é algo polo que unha vez máis todos merecemos felicitarnos, e ademais é un aliciente para continuar traballando polo benestar dos animais abandonados e maltratados, e polo benestar das persoas máis desfavorecidas no Medio Rural”, afirmaban orgullosos os responsables da Asociación ANDREA.

Sociedade