O ministro de Industria comprometíase en 2012 a solucionar os problemas de competitividade de Alcoa

O ministro de Industria comprometíase en 2012 a solucionar os problemas de competitividade de Alcoa

15 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O ministro de Industria, José Manuel Soria, anunciou en outubro de 2012 que a a tarifa eléctrica para os grandes consumidores de enerxía seguiría sendo a mesma da que gozaban nestes momentos a partir do 1 de xaneiro de 2013. Deste xeito, Soria comprometíase ante os traballadores e a dirección de Alcoa en San Cibrao e na Coruña a conxelar a tarifa eléctrica á multinacional

Previamente a visitar San Cibrao, Soria reuniuse daquela co comité de empresa de Alcoa na Coruña. O seu presidente, Nazario Arias, explicou que o ministro trasladoulles que estaba a negociar a nova tarifa eléctrica e tamén se comprometeu a que a factoría de Alcoa na Grela non sería utilizada como moeda de cambio para manter a de San Cibrao. Os traballadores aseguraban que continuarían coas protestas até confirmar os anuncios do ministro. Dous anos máis tarde a nova tarifa eléctrica serve de pretexto á empresa, para anunciar a súa intención de fechar tanto a factoría de San Cibrao como a da Coruña.

Sociedade