O mito do blues John Mayall aterra en Compostela

O mito do blues John Mayall aterra en Compostela

17 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O cantante e compositor John Mayall actuará esta noite en Santiago de Compostela. O británico introduciuse no mundo da música en 1955 e uns anos máis tarde creou o seu grupo máis famoso, The Bluesbreakers, no que contou con figuras como Eric Clapton, Peter Green e Mick Taylor. A achega de Mayall á historia da música moderna considerase vital por ser o precursor do blues inglés.

John Mayall publicou máis de 50 discos, moitos dos cales recibiron boas críticas e aceptación por parte do público, como Behind The Iron Curtain, Chicago Line ou Wake Up Call, Blues For the Lost Days e Padlock On The Blues.

Na actualidade, con 76 anos, non amosa signos de baixar o ritmo. En 2007 publicou o seu último álbum, In The Palace of the King, como tributo a Freddie King e neste 2009 agárdase que vexa a luz un novo disco de estudio.

O concerto desta noite arrincará as nove e media da noite no Multiusos Fontes do Sar. O grupo galego Sugar Mountain exercerá de teloneiro. As entradas custan entre 18 e 22 euros.

Sociedade