O Mosteiro de Montefaro acolle as III Xornadas sobre Violencia de Xénero

O Mosteiro de Montefaro acolle as III Xornadas sobre Violencia de Xénero

19 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ares acolle as III Xornadas sobre a Violencia de Xénero baixo o lema “ De víctima a supervivinte”. Serán duas xornadas 20 e 21 de maio, de debate no marco do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro.

A deputada do PSOE, Beatriz Sestayo, inaugura ás 10 da mañán a primeira xornada, xunto á concelleira aresá, Victoria Montenegro. A Primeira Mesa de debate reúnese dende as 10,30 con representanets das asociacións na loita contra a violencia de xénero. Interveñen  Francisco Nebril da Asociación Homes Galegos pola Igualdade, Esther Basanta da Fundación Mulleres; Juana Tenreiro do Padroado Concepción Arenal e Rosa Fontaiña Pazos da Rede de Mulleres veciñais contra os malos tratos.

Ás 12, 30 o tema a debate será “ Sociedade. Violencia e muller” e pola tarde falarase dos Servicios Xudiciais e corpos de seguridade ante a violencia de xénero. A primeira xornada pechase cunha representacion teatral de Espantaperros Teatro de Badaxoz coa obra “ AMATARTE”, contra as 6 da tarde.

Sociedade