O motín de consumos de Pontedeume

O motín de consumos de Pontedeume
05 de Decembro, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

O motín de consumos de Pontedeume tivo lugar en xullo de 1889. Ao menos unha muller de Monfero resultou morta ao disolver a Garda Civil unha manifestación diante da Casa do Concello. O desencadeante da protesta foi o aumento da tarifa local sobre os produtos de primeira necesidade, "de comer, beber e arder" segundo recolle Sindo Vilariño nun artigo publicado no número 27 de Cátedra, revista eumesa de estudios. 

ESCOITA O PODCAST:
Juan Coira e Adrían Ares, organizadores dos actos en Pontedeume

A cebada, o viño, a carne ou as castañas conformaban a dieta eumesa na Idade Media. Tamén estas cousas forman parte da memoria de Pontedeume que suma 750 anos. Alfonso X o Sabio fundou a vila en 1270. No pasado mes de outubro puidose visitar a exposición “ 750 anos construíndo a historia de Pontedeume” na Casa da Cultura. Unha exposición comisariada por Carlos de Castro, Juan Coira e Adrián Ares. A pandemia finalmente obrigou a aprazar as Xornadas que ian completar o relato da historia local de Pontedeume.

Conformaron a exposición un total de 30 paneis cun eixe principal, os documentos máis emblemáticos da historia da cidade que inclúen escritos, planos, fotografías, cartografía e historiografía. Con todo isto fáise un relato histórico dos 750 anos do destino de Pontedeume. Afirma Juan Coira que quizás o que máis chamou a atención do público foron os documentos máis antigos que falan da muralla ou da ponte, símbolo indiscutible de Pontedeume que sofríu numerosas reformas e sempre serviu de nexo entre o norte e o sur. Todas as reformas están na exposición ata a última construcción do século XIX. Na mostra pódense ver imaxes inéditas da ponte dos xabaríns.

O aniversario da vila cumpriráse o 30 de decembro. 

Cultura

Publica o teu comentario agora