O movemento asociativo de Fene reacciona

O movemento asociativo de Fene reacciona

14 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os usuarios-as do Centro Sociocomunitario de Fene- A Coruña-  recibirán mañán o apoio das entidades culturais e veciñais de Fene. A través dunha autoconvocatoria todo o tecido asociativo de Fene acudirá ao centro social da Torre para trasladarlles o seu apoio incondicional, coa sua presencia física, no peche que protagonizan dende hai unha semana. Representantes das asociacións veciñais, das anpas, dos Círculos e de todo

Se algunha entidade, por calquera razón, non foi convocada, non ten máis que achegarse mañán xoves ás 6 da tarde ao centro social e sumarse a esa aperta que como veciños-as do concello de Fene queren darlles aos usuarios alí pechados. A idea é defender ese centro como un servicio público de todos e non permitir que tanto esforzo como custóu facelo, se perda pola intransixencia da Xunta de Galicia ou o pasotismo dos políticos.

O encerro continúa esta tarde con novas actividades. Celebrarán un bingo para matar o tempo. O peche continúa porque de momento non hai resposta da Secretaria Xeral de Traballo á petición dunha xuntanza para negociar a permanencia da Traballadora social no centro.

Sociedade