O muíño de Lestache

O muíño de Lestache
21 de Xuño, 2020 - 05:32 h. | Publicada por Radio Fene

O muíño de Xuvia albergará un complexo de interpretación histórica. O antigo almacén de sal acollerá a recepción de visitantes e exposición de produtos artesáns. Na planta baixa instalarase o museo e na superior un espazo polivalente no que poder organizar obradoiros e exposicións. O Concello de Narón licita a obra cun importe de 1.307.842, 39 eruos. As empresas interesadas poden presentar propostas ata o 7 de xullo. O prazo de execución prolóngase ao longo dun ano. 

Muiño de Lestache. Xuvia. Narón

O francés Juan Lestache impulsou a construción do edificio rematado en 1775. Nas inmediacións tamén dispuxo unha fábrica de curtidos e outra de papel. Lestache chegou a Ferrol en 1767 procedente de Burdeos. Contraeu matrimonio con María López Lamas, de Neda, con quen tivo seis fillos. Importaba do mercado exterior cereais e outros alimentos. Colocou pedras máis produtivas que as dos muiños tradicionais, construiu grandes almacéns para o trigo e a fariña e importaba cereal do mar Báltico, Inglaterra ou de Estados Unidos. Catro barcos da súa propiedade achegaban os cargamentos a Ferrol. Lestache morreu en 1802.
 

Bibliografia: 

PENA GRAÑA, ANDRES. Industriais e reais fábricas de Narón en tempos da ilustración Concello de Narón. Narón, 2007

BAS, BEGOÑA. Os muiños. Ir indo edicións. Vigo, 2000

 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora