O mundial ao aire libre en Ferrol

O mundial ao aire libre en Ferrol

28 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol instalou unha pantalla xigante de alta definición e sistemas de megafonía na Praza de España para que os ferroláns podan seguir os partidos do Mundial de Sudáfrica. O concello conta co apoio do Centro Comercial Aberto A Magdalena-ACOF e a Asociación de Hostelería de Ferrolterra, Eume e co obxetivo de dinamizar o centro da cidade.

A pantalla xigante ten unhas medidas de 5,40 metros de ancho por 4,20 metros de alto e permanecerá na Praza de España dende hoxe mesmo e ata o próximo venres. A partir desta data e ata o luns, reubicarase na Praza de Amboage. O Concello instalará unha serie de barras que porá a disposición dos hosteleiros para que as exploten comercialmente.

Hoxe arrancan as emisións co partido das 20,30 horas, que enfrontará en octavos de final ás seleccións de Brasil e Chile. Mañán, entra en xogo a Roja. A selección española disputará ante Portugal o seu pase a cuartos. Será a partires das 20,30 horas, aínda que antes, xa dende as seis, os ferroláns e as ferrolás poderán achegarse ata a Praza de España para pintarse coas cores da selección e recoller bandeirolas para animar á roxa. Aínda que mércores e xoves non hai partidos de Mundial, a pantalla continuará emitindo dende a Praza de España, outros contidos como vídeos sobre Ferrol e as súas potencialidades e música para acompañar a actividade das barras que explotarán os hosteleiros.

Sociedade